Claro

Hai que ter moi claro dende un principio o que se quere contar, expor ou
facer ver.
Seguir leyendo...

A min xa me soa bastante mal iso de "facer ver" coma se os demáis foran
cegos ou algo así. Así que non, non me dá a gaña de ter claro o que quero
poñer nas liñas que escribo. Entre outras cousas porque non teño nada claro.
Pero nada e o digo coas palabras de moda ou sexa que non teño nada claro
"globalmente". Tampouco localmente, glocalmente, loglacmente ou
individualmente mais digamos "globalmente" que queda superguai.
Non teño claro que fago coa miña vida, non teño claro que fan os demáis coa
súa. Aínda que segundo contan deberíame dar igual totalmente o que fagan os
demáis. Mais pola miña experiencia propia e individual, a min os demáis
inflúenme terriblemente. Non sei aos demáis, mais a min os demáis impórtanme
para ben e para mal.
Impórtanme porque cando me ergo da cama escoito aos carros da rúa que
normalmente (agás en soños) conducen os demáis. Despois vou á cociña e
almorzo productos case sempre manufacturados, e case sempre manufacturados
polos demáis. Modificados xenéticamente ou non, mais sempre manufacturados
polos demáis que non son eu. Logo prendo a radio onde falan os demáis, onde
tocan e cantan os demáis e ademáis prendína nun aparello que foi
manufacturado polos demáis.
Alguén (dos demáis) poderíame decir que quedara na cama mais a cama é un
producto manufacturado polos demáis con sabas e cobertor que tampouco fixen
eu, a cama ás veces si que a fago.
Ao sair á rúa encóntrome cos demáis en persoa(s) e teño que apartarme ou
moverme para non ser atropelado por peóns ou carros. O ruido dos carros que
entra nos meu oídos é producido polos demáis e cando me atosigan no
supermercado á hora de elexir un queixo sempre son os demáis, non son eu, de
verdade.
Se quero ir por un paquete a correos sempre é alguén que non son eu quen me
dí que volva mañá que non me corresponde recollelo hoxe. De feito quen me
enviou o paquete que non puiden recoller foi outro ou outra.
Nas épocas que traballo o fago para outros e nas épocas que non, teño que
selar a tarxeta de demanda e sempre o fan outras persoas que non se chaman
(normalmente) coma min. Con nome e apelidos, claro.
Sen embargo moita, moita xente sempre me dí que me ocupe do meu, que non me
importen as cousas dos demáis, que pense en min e na miña felicidade e que
aos demáis que lle den!
Que lle den que? Troco, tickets, bolsas, cigarros, berros, parabéns, saúdos,
insultos, café?
Non consigo, e ao millor é porque son moi inxenuo, despistado ou cínico,
comprender á xente que dí que os demáis non importan. Cando chaman por
teléfono ofrecéndome cincocentos mil "metabaits de adsl" impórtame aínda que
non colla o aparello. Cando alguén se dirixe a min nunha cafetería pedíndome
lume non podería deixar de importarme aínda que non lle dera á persoa en
cuestión o desexado lume porque tomaríame por xordo e insistiría etc etc
Definitivamente que eu saiba vivimos en sociedade, somos humanos e
sociables, e por esta razón importan moitísimo os demáis. Sobre todo se se
ten o ideal que a sociedade que formamos os humanos sexa unha sociedade
millor, xusta e onde non exista o abuso e todo tipo de lacras como fame,
guerra, control, destrucción do meio onde habitamos etc.
Como me van dar igual os demáis para ben e para mal. Vamos home/muller!!

KLIMT EDWOOD

No hay comentarios: