Incendios

O tema dos incendios do verán pasado, dende o meu ponto de vista, marcóu un
antes e un despois sobre a concepción deles para ben ou para mal: a
sociedade no seu conxunto. Ben, digamos que boa parte da sociedade,
ataladrada polos medios de comunicación e pola idiosincrasia dos lumes,
durante ese verán (achegados en moitos casos á poboación) superóulle o
problema coma nunca.
Seguir leyendo...>

Algo que sucede de maneira superanómala (como se dí agora) dende hai trinta
anos ou máis, trasladóuse non só á xente de sempre senón, como dicía á
sociedade en xeral, e ademáis de maneira moi extendida.
Pero as mensaxes foron moi contraditorias de cando se producía toda a
barbarie do verán e cando cesou coma sempre polas inclemencias do tempo.
O motivo de expor este tema é o farto que quedei do verán pasado por moitos
motivos. Coma sempre ver arder os montes é o principal. E o frustrado que me
sentín por todas as alimañas políticas de todas as cores e de todos os
medios de comunicación tanto de "dereitas" coma de "esquerdas". A rabia que
sentín posteriormente cando comezou a chover e trocaban os discursos de
moita xente. O noxo de comprobar que unha xente que se dí "ecoloxista" non
paraba de afogar cos seus discursos as causas e as razóns reais dos
incendios do verán pasado e no fondo dos incendios de xa hai máis de trinta
anos.
Apetéceme despois de case un ano desafogarme de tanta auga enriba de tanto
lume provocado con algo que para min non ten punto de discusión e está
clarísimo aínda que manido por parte de moita xente, reinterpretado, dado a
volta de novo ata acabar sendo tildado por xente moi "progre" de
conspiranoia.
Pois non: atrévome, sen ningún problema, a dicir que máis do sesenta ou o
setenta por cento dos incendios dende hai trinta anos, incluidos os do verán
pasado e os que virán son causados por intereses políticos e económicos
exclusivamente. E "desgrano": motivos forestais, motivos industriais,
motivos estratéxicos, motivos enerxéticos, motivos inmobiliarios e
finalmente motivos puramente políticos (intimidación, cores políticas)
Hai máis de trinta anos galiza era moi verde. Demasiado. Aquí non se podía
facer negocio de nada. Non se podían construir casas, non se podían facer
autoestradas. As enerxéticas e forestais non podían facer un uso
"productivo" da terra. Galiza non era nada moderna, era completamente
asilvestrada. E iso tivo que mudar. A base de eucaliptos, a base de lume, a
base de domesticación constante e barbarie.
Agora pódense construir autoestradas, pódese recubrir de eucaliptos dúas
provincias enteiras, centrais, minicentrais, piscifactorías, muíños de
vento, "biomasa", quizais a partires de agora, solar
Que sería ademáis agora galiza sen a industria do lume??
Xa temos (aínda queda un chisco) unha galiza moderna que terá en breve un
AVE. Unha galiza moderna con milleiros de turistas, inmigrantes e
emigrantes. Unha Galiza que cando entras nela e vés Verín e as súas comarcas
pódese observar que teñen un aspecto xa moi similar ao das provincias de
castela no referente á cero patatero de vexetación. Todo conseguido en moi
poucos anos. Quen dá máis que o lume?
Pois así de alto e claro o expoño e quen quera buscarlle tres pés ao gato
que llos busque, eu xa estou moi farto do tema.

No hay comentarios: