Que fan colombianos no Líbano combatindo no exército español?

Pois é este mundo de "tolos" ou millor dito o mundo da globalización, onde
todo é posible. Como se en Colombia estivesen as cousas ben van morrer nun
atentado de Al.qaeda no Líbano. É que hai que entender que a culpa de todo
téna Bin Laden e os seus acólitos. Mortos sete nenos en Afganistán por erro
(noticia que non trancendeu en absoluto) Al.qaeda. A guerra de iraq por
culpa de Al.qaeda e os atentados diarios que alí se producen. De quen vai
ser a culpa de que o exército israelita mande bombas selectivas e aleatorias
sobre @s palestin@s, de Al.qaeda. Os tsunamis, Al.qaeda. O cambio climático,
Al.qaeda e así sucesivamente.
Seguir leyendo...


Os sociolistos proclamaron a catro ventos o mala que era a guerra en iraq e
"nos dixeron" que "nos sacarían de aí" e así o fixeron? Para ao cabo duns
meses presupostar o maior incentivo económico en defensa e armamento, Enviar a
Afganistan tropas e ataladrarnos con fantasiosos, manipuladores e trousantes
anuncios para que a peña máis nova entre no glorioso exército que é polo ben
da humanidade.

Na miña cidade cada pouco tempo están levando o bus de ingreso a unha rúa
céntrica. A xente nova, susceptible con poucos anos, ao non ter traballo,
problemas de estudo etc é doadamente manipulable por pais, educadores e
televisión de entrar na bazofia máis grande deste puto país. A soldado de
Lugo morta hai uns meses entrara no exército con dezasete ou dezaoito anos.
Quen ten a culpa?

Hai ás veces tamén nesa rúa da cidade un bus de doazón de sangue. Moita
xente chámanlle vulgarmente "os vampiros"
Como deberíamos chamar e esta xentuza? Pois eu coido que asasinos con todas
as letras. Sempre cos seus funerais de honras de merda, cos pésames reais,
coas glorias de merda do estado, saúdos presidenciais de sentimentos de
culpa de ser culpables completamente da morte de cada ún/unha desas persoas
colombianas, ecuatorianas, andaluzas, galegas que van combatir ou a agardar
voar polos aires, xa que non teñen emprego, non teñen traballo, veñen de
países en conflicto e múltiples razóns de tristuras que ao pensar no
contedor que se meten, e nas condicións, e na hipocresía, e na falacia da
paz, e na merda de defensa dunha merda de país... a ún inflámaselle o
fígado.

Isto é xa como a NBA de baloncesto norteamericana. Compran mercenarios para
ir facer o que non quere facer, por exemplo, o fillo do rei nin moita xente
máis. Aínda haberá quen diga que os inmigrantes son xente mala. Ou que tiña
que volver o servizo militar. Para que? Son as vantaxes da globalización e a
profesionalización do oficio de matar e morrer: por petróleo, por lamerlle o
cú aos países ricos, por lavar unha imaxe, por facerse os fortes, por
pringados...

No hay comentarios: