Pataky

Era a rencarnación viva de don quixote mais do século XXI. En troques de
libros de cabalería el non paraba de ver programas tipo salsa rosa, crónicas
marcianas, tomate tomate, corazón corazón e similares. Acompañábao unha
escudeira pragada de aceite de patacas fritidas que ría sen parar dos
delirios da nosa persoaxe.
Seguir leyendo...

Un día unha treboada fundíu os fusibles e da frustración comezou a berrar
que unha tal pataky (a súa dulcinea do toboso) estaba secostrada dende había
tempo ao carón dunha granxa, soterrada nun zulo, polos malísimos da ETA.
Convencéu á súa escudeira e colleron o golf destino ao rural para rescatar
dos encarrapuchados bascos á súa amada.
Chegaron perto de Leiro onde ao fondo se divisaban os muiños e localizaron a
granxa. O cheiro a purín era moi intenso mais o noso amigo quixote
parecíalle o perfume da súa dulcinea que o inundaba todo e o invitaba á
liberación.
Ao carón da granxa estaba unha adega, por ser estas terras de bó viño. O
cabaleiro e a escudeira abriron con facilidade a porta e quixote comezou a
ostias cos pipotes ata sangrar as mans logo bebeu e bebeu o sangue da terra
e sairon para fora. A nosa escudeira xa non estaba moi leda precisamente e
non paraba de decirlle ao quixote do século XXI que había que ir para casa
que seguro xa estaba arranxada a electricidade e poderían ver a televisión,
mais o noso amigo entrou nas terras dos maléficos etarras e comezou a sachar
sen parar. A nosa amiga escudeira non daba creto e preguntóulle ao quixote:
pero que carallo fas?? O noso amigo contestou: pero non o entendes? estou
buscando á Pataky.

Klimt edwood

No hay comentarios: