Vivia do seu falo

Vivía do seu falo. Falo dun libertario incongruente, incoherente, que
contradecía ao vaticano e a bakunin.

Erguíase da cama ás cinco e media en busca dun cigarro e dun café. Duchábase
coma case todos, mais cando o facía, nese intre de intimidade masturbábase
moi rapidamente coma quen saca o nabo a pisear. Corríase pronto e cun xesto
idéntico ao que tiña antes de facer a operación secábase e saía coma un raio
da casa aínda noite pecha.
Seguir leyendo...


Percorría sete rúas e media, baixaba ao underground collía o underground e
chegaba ao underground para traballar no underground. Vivía do seu falo.
Odiaba ao estado e pagar impostos coma ti ou coma min. Tiña medo das súas
amigas feministas que o deixaran de ser tempo atrás por ser incongruente,
incoherente e contradictor do vaticano e bakunin ademáis de simonne de
beauvoir. El sufría, moito máis que lolo o funcionario, que ramona a
educadora, que agustín o pequeno empresario, que luisiño o artista
polifacético e que o seu pai xubilado e estivaliz a desempregada benefactora
do subsídio do inem.

Sufría moito por non escarallarse porque vivía do seu falo. Falo da moza que
o deixóu. Falo das súas contradictorias ideas libertarias que o poñían en
tea de xuizo no seu traballo e do seu traballo que o poñía en tea de xuízo
coas súas ideas libertarias.

Necesitaba comer e algunhas cousiñas máis ao igual que o seu pai, que á súa
exmoza, que lolo, que ramona, que agustín, que estivaliz e que luisiño. Tiña
moito medo das súas examigas e del mesmo. El era así. Vivía do seu falo.
Falo de que era anarquista e actor porno. Vivía do seu falo.


KLIMT ED WOOD

No hay comentarios: