Quintana, Superpiñeiro e o goberno tripartito.

Alguén se ten percatado dos mitíns de kingaliza para a senectude, a preocupación populista herdeira de don manolito con ganas de romarías?
Agora volve superpiñeiro á Galega esa televisión cutre que no seu día tamén foi cutre e que agora é cutre tamén só que cun regosto a modernez forzada.
A remodelación ía ser a hostia, todos íamos vivir unha auténtica revolución política, cultural e televisiva mais como estaba claro as cousas non mudaron ren senón fora por certas reminiscencias forzadas cheas de camisolas sen fronteiras.
Seguir leyendo...


Alguén se pode crer realmente que estamos gobernados por socialistas e nacionalistas (tentando ser ortodoxo nos termos) que va! Estamos gobernados ademáis de polas multinacionais (como en todos os lares) e por Madrid por uns fachas de cor vermella ás veces gris con acento andaluz e miras económicas e ergonómicas e despois están outros que non pintarían moito mais pintan pero non pintan estrelas vermellas pintan populismo ao máis puro estilo popular… pero alguén non se decatou con esa fotiño estatutaria que estamos gobernados (ademáis de por as multinacionais) por un goberno tripartito e travestido onde non se sabe moi ben quen é quen porque son todo o mesmo ou o contrario??

Os incendios foron unha risa bárbara e marcaron unha liña a seguir de fotos e inmundicias no programa estrela da galega hai debate non hai ningún debate todo está debatido: “uno para todos y todos para uno” iso si disimulando o paripé para confundir á cidadanía e ter contentos ademáis de con superpiñeiros con superdebates á senectude principalmente. Que por certo… por que se prexuzga aos maiores de que o que lles pode interesar é luar ou outras milongas cando non se lle preguntou realmente que é o que queren realmente (valga a rebundancia) ao millor a algunha xente se lle caerían os preconceitos moi para abaixo. Pero é millor telos organizados insersamente e darlles o que lles gusta: pulpo e empanada, que por certo á súa idade pode ser moi indixesto. Ou danza ao son de berrohueco e vacuo na lonxa onde o peixe cada vez está máis caro. Haberá que volvelo tentar coas piscifactorías.
E o morto da cidade da cultura? Igual que o morto dos incendios, o morto do estatuto impulsionado por don manuel. Mortos todos que forman parte dun pastel en tres cachos morro que teñen todos. Hai que botalos, a todos, ao mar e botarlles enriba plumas e alcatrán. Ademáis de, claro está, poñerlles unha bola de ferro nos pés!

Bloque Popular Socialista (BPS)

No hay comentarios: