Verstrynge

Estiven vendo o outro día un debate sobre o mediático tema da ultra-esquerda e a ultra-dereita en antena3 onde moi políticamente correctos rexeitaban aos elementos de ultra-dereita que apareceran días atrás noutra cadea privada (neste caso telecinco)
Todo isto vén a conto, claro está, do brutal asasinato do xoven antifascista no metro en Madrid.
Seguir leyendo...

Mais non quero falar aquí de todas esas manidas interpretacións “correctas” dos contertulios onde o elemento digamos máis radical era un representante do sindicato de estudantes, que todo hai que decilo atrevéuse a denunciar á policía diante dun idem no desencadeamento e precipitación de alborotos e alunizaxes nas manifestacións destes días de corte ou cacho “ultra-izquierdista”. Senón que o que quero é falar e contestar a un tipiño chamado Jorge Verstrynge (a min sóame este nome) que resulta ser un elemento progre destos dados de volta que publicou xunto con outra tipiña (é que non acordo do nome) un informe-artigo ou como se lle quera chamar na revista republicana e en moitos casos para de contar, El Viejo Topo. Revista que este menda non paraba de erguer no programa televisivo como se dun Paco Umbral se tratara (eu viñen aquí a presentar meu artigo!!!!)
Este superprogre, destes que se pincelan de liberté igualité e fraternity tiña no programa e sei tamén que no seu artigo un discurso brutalmente racista, xenófobo e nada nada internacionalista nin marxista nin sequera post-marxista. Este Jorge pertence á estirpe dunha xente moi perigosa que se revisten de esquerdosos en pro do benestar social, das pensións, e as clases traballadoras mais das ESPAÑOLAS. É dicir son xente marcadamente NACIONALISTA, claro dun nacionalismo que non é etarra iso sí. Pero que coincide en todo o tema emigración/inmigración coas teses de Le Pen ou de Democracia Nacional. Negará e renegará todas estas acusacións mais o seu discurso neste sentido non difire en nada da ultra-dereita e ademáis foi a un programa de televisión a raíz dun asasinato por mor dunha manifestación xenófoba e racista con ese discurso perigosísimo e fascista para demostrar que os males sociais todos existen como consecuencia da inmigración. OLE TUS HUEVOS CHAVAL!!
Para el o malo non é que o capital teña ganancias billonarias non, non teñen culpa corporacións e multinacionais, plusvalías, herdanzas, bancos e industrias varias co seu afán esquilmador e devastador non, non teñen culpa todos os “nacionais” forrados e explotadores que non reverten os seus beneficios patrios non, nin toda esa farándula do corazón (español) que non se adican a nada mais lle sae o diñeiro polas orellas non, nin os políticos mentirosos e corruptos non, nin á especulación non. Non, para el a culpa toda a teñen os negros, moros e sudakas que nos veñen a invadir e a quedarse cos nosos médicos de cabeceira, coas nosas pagas en negro e co noso malvivir no puto traballo que temos que desmpeñar. Incluso veñen a quedarse co noso desemprego, cos nosos cárceres, e coa nosa marxinalidade patria. Onde quedarán os vaquillas e toretes? Agora só temos mohameds e latin kings. Que vergoña.
Este estupendo intelectual de esquerdas non se lle ocurriría pensar algunha vez que se toda esa baska vén por aquí a nosa supereuropa sen fronteiras é porque levan sendo esquilmados, contaminados, empobrecidos, enfermados e podería seguir así ata o infinito, para que a nosa civilización de la patrie chegara a ser a sociedade do espectáculo que é. Que pretende, que se temos tartas de fresa ou de chocolate non a compartamos? De onde sairon as fresas, de onde saiu o chocolate. Nós só pusimos a nata montada no jeto que tes colego. Ensínalle unha golosina a un neno e dille que non que non é para el. Que ten que cotizar…
Tu te jodes (seguro que dos que menos), el se jode e eu, eu tamén me jodo. Están aquí para quedar… e os que virán. E os culpables están moi moi para arriba que é onde tiñas que por o ollo (polo menos) das túas ideas progres e esquerdistas. (ja)

Ermitaño da médula

1 comentario:

Anónimo dijo...

ver su blog jv-ciudadano.blogspot.com