A rapariga rabuñaba o chan

A rapariga rabuñaba o chan, moi forte, enchendo as unllas daquela terra nin húmida nin seca. Quería abrir unha fenda para soterrar o paxaro que atopara media hora antes moribundo e que ela mesma matou por non velo sufrir. O seu irmán novo mirábaa estupefactamente e non sabía se lle daba máis grima o paxaro morto coa cabeza retorta ou as unllas da súa irmá cada vez máis negras emitindo un ruido insoportable.
Ela berróulle: colle un caldeiro e vai enchelo de auga…a que esperas vai!
O raparigo asustado non daba reaccionado pero ao fin botou unha carreira pola auga.
Ela seguía escarvando pero case non facía burato e doíanlle os dedos e moito máis as unllas.
Seguir leyendo...


Chegou a auga pero o caldeiro era pequeno e a auga, pouquiña, ademáis case non embradecía a terra e pouco efecto xurdia para seguir profundizando.
Vai por máis auga!…el correu, mais de súpeto saiu pai chamando para xantar e o raparigo entrou de contado na casa con el. Pasaron uns minutos e voltou sair o pai insistíndolle á rapariga que entrara en casa, mais ela non facía caso e seguía escarvando cada vez máis forte e máis rapido ata facer sangue nos dedos. Dáballe igual.

Achegóuse o pai cara ela berrándolle e díxolle que estaba enoxado e que se enoxaría moito máis se non entraba nese intre na casa. De súpeto observou o paxaro e o que facía a súa filla e alporizóuse moito máis: andaches con esa porquería?, vai lavar as mans agora mesmo! Miróulle as mans e viu o sangue nos dedos e nas unllas da nena. Colléuna do brazo e erguéndoa case en ar metéulle unha sacudida no cú e berroulle: para dentro, lava as mans! A nena retorcíase para conseguir liberarse do brazo do pai, mais o pai tiña forza de abondo. Comezou a berrar moitísimo e a chorar coa súa cara de terra: déixame, déixame en paz… teño que soterralo merdán, dÈixame ostia!
Sairon da casa a nai e o raparigo e a nai berrou: que ocorre Roberto, que pasa?
A túa filla que está tola, pégame patadas…vóulle pegar eu un par de ostias, mira que merdada estaba a facer. Achegóuse a nai e déulle unha torta na meixela á nena e a nena púxose a berrar máis e máis. O pai colleu ao paxaro e enfilóuse ata o final da finca coa intención de arroxalo ao contedor de lixo. A rapariga foi correndo tras del berrando: dámo, dámo e agarróuse ao pantalón do pai e foi as arrastras uns cantos metros. A nai detrás: pero que fas, que fas? Quero soterralo, entre bágoas e berros,quero soterralo! (dicía a nena)

O pai díxolle: pero non vés que é só un paxaro morto… a nena suplicóulle que o quería soterrar e a nai saiu dicindo: déixallo Roberto! El replicou: ben pero primeiro vaites lavar as mans e curar a ferida e despois comemos, pola tardiña axúdoche eu dacordo?
O rapaciño apampanado e a nena accedeu.
O pai deixou o paxaro no chan e foron todos cara dentro entre os sollozos da nena e o mal sangue que lle quedara ao pai.
¡ tardiña o paxaro desaparecera e non puideron soterralo.

No hay comentarios: