A propósito das efemérides e datas sinaladas

A verdade é que a alguén lle poderá parecer mal que escollera a creación
deste desbarriño a uns días antes do 1º de maio. Mais ao millor, por ser
esta data, tan políticamente correcta declarada, quizais o maior exponente
dentro do ámbito do antagonismo (dícese agora, non?) o que me dera ese
impulso para opinar algo sobre este tema que xa o teño pensado e apalpado
hai moitos anos.
Seguir leyendo...

Pode ser que sexa totalmente obvio o que vou expor nesta redacción, pero se
iso fose así: por que ao longo dos anos, do ano, todo tipo de movimentos van
na cola, como o famoso ciclista Lejarreta, en certas datas "simbólicas" ou
"sinaladas" xa sexa en procesión, facendo ruido ou agora con moito
"colorido"? Nesa cola de serpe do sistema de sistemas fagocitador semiótico
de toda disidencia que atrapou unha morea de numeriños do calendario,
absorveu as celebracións de noutrora clase traballadora, feministas,
movimento ecoloxistas e agora traducíuno en partes de accidentes de tráfico,
terra mítica, samil, sindicatos amarelos, bandeiriñas de prástico, paridade
ou sostenibilidade?
Como pode ser que ante a chamada do sistema a celebrar o día da muller nos
traguemos os quince minutos de telexornal dunha tal Lola, que gañou un xuizo
porque non a querían nomear subdirectora xefe (ou xefa) por ter tetas. Ese
mesmo día mulleres con outro tipo de problemas aproveitan para facer a
segunda ou terceira actividade do ano por tal efeméride.
De que me vale ese día da árbore coas boas intencións pseudoecolóxicas de
empandangarme unha arboriña que moitas veces irá para o lixo? Moitos
colectivos ecoloxistas, con outros tipos de reinvindicacións únense ao carro
do numeriño do calendario (ou almanaque) do sistema e institucionalizan as
súas loitas baixo semellante marco.
Poderíase falar tamén da poesía, cando hai quen dí: "poesía todos os días"
ou dos dereitos dos nenos que non teñen durante todo o ano representantes
ningúns.
Delito maiúsculo ten o día internacional da paz. Nestes tempos: DA PAZ dín.
Mais o caso do 1º de maio o "pecado" pode ser moi grande con dobre sentido.
Todos os anos eses "jetos" barbudos mentindo diante das cámaras con
milloras, reformas e cenoiras a unha clase traballadora que pide traballo.
Alucinante, pide traballo asalariado, explotante, capitalizante. Iso sí a
consola e o segundo coche algún día chegarán
As datas, coma case todo, foron expropiadas polo capital reconvertidas neste
caso en festividade do traballo. Como se traballar fora unha grande festa. E
certos sindicatos que contribúen á resistencia dunha maneira práctica e ás
veces coherente, loable en moitas ocasións ou van na cola ou van aparte mais
van á chamada do capital e da SÚA data, da SÚA festa.
A loita neste mundo, coido, fáise día a día (moita desta xente xa o sabe) e
nin siquera reconvertindo e prastificando de cor e precariedade e
institucionalizando o "post-1º de maio" deixará de ser 2º de maio.
O 1º de maio e demáis festas sinaladas no calendario do estado-capital son
festas xa dende hai moitos anos interiorizadas pola sociedade como vacacións
e atascos usurpadas e que forman parte do SEU calendario.
Había (e hai) un pre-1º de maio tamén bastante curioso e sinalado mais coido
que ese nunca foi institucionalizado. Ou case. Hai anos uns colegas, que
igual que eu non nos prodigamos moito (para que non nos institucionalicen)
chamáronme ese día que comento. Pensei para min a súa proposta e decidín
decir non. Parecíame unha parvada non facer certas cousas en todo o ano e
ese día por ser o día que era tiña que ser distinto?
Non sei, ao millor é que son un pasota? (aínda que agora que o lembro esta
palabra está pasada de moda, non?)

KLIMT EDWOOD

No hay comentarios: