Adiós a un hermoso y difícil proyecto. Les deseo lo mejor a todos los que participaron de una forma u otra, y mi deseo de volver a coincidir con ellos en algún otro lugar. La explicación la dejo en sus propias voces:
outubro 2010
O Colectivo Ren de Ren cesou na súa actividade editorial.
O proxecto Ren de Ren foi nos últimos tempos un lugar de (r)encontro para moita xente libertaria da Galiza. Organizada, como colectivo editorial, como foro de debate e como dispositivo de distribución, esta rede de afinidade e apoio mútuo puxo en circulación duas monografías colectivas, ofrecendo soporte á difusión das ideas libertarias e impulsando o establecemento de redes de cooperación entre centos de persoas que len, debaten, escreben, deseñan, distribuen... cultura libertaria !
Chegou o tempo do peche... Nunca nos plantexamos chegar a ser unha editora máis pois este era un proxecto de propaganda polo feito, unha acción que perseguía que novas individualidades, abandonando o persoalismo, tomaran parte activa e decidiran darlle novos enfoques ao colectivo. Isto non aconteceu.
No camiño fican moitísimos contactos, agradables encontros, colaboracións desinteresadas, apoios valiosos e sinceiros, mais tamén en ocasións a inevitábel rocha da desconfianza e do silenzo que aínda mantén a moitas no illamento seitario. Unha vez máis queremos agradecer a colaboración de todos os colectivos e persoas que participastes nas distintas fases do proxecto.
Seguimos pensando que a investigación e a posta en práctica de novas propostas libertarias segue a ser a única vía navegável cara á revolución social e a emancipación individual e colectiva no marco da debacle capitalista. Aí nos veremos.
Por último apelamos á solidariedade das distribuidoras para que os exemplares non vendidos fiquen nos vosos fondos. O noso buzón de correo electrónico seguerá aberto para quen queira render contas máis adiante. Algo no que nós xa non imos insistir.
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario