Existen unhas murallas
Que o dividen todo
E crean a limitación
Os carros van por riba delas
Pero non atopan a saída
Só chegan a lugares a pastar
Herba artificial e neve artificial
Hai quen camiña ata cansar
Sen sair do castelo
As murallas están por todos os lados
E ti cres que non existen
Porque che sopla algo de ar
No nariz
Come pedra e líquen
Para rillalas e comprobalas
Na súa abundancia
De formigón e ladrillo
Crúzaas e rebate con elas
A súa organidade
O seu organigrama
Que prevalece sobre todo
Foron creadas por todos nós
E agora nos escravizan
Estamos empachados delas
De correr por elas
Sen atopar a saída
As bombas non son suficiente
Só atopar a saída
Por riba delas
Só deixalas atrás
Dunha vez
Dunha maldita vez
Ás murallas da nosa vida.
1 comentario:
Moi fermoso poema
Publicar un comentario