crise

Arresulta agora que a crise que nos queren vender chega a un pico que é a reunión dunha pandilla de bastardos onde se van sentar as bases para que todo permaneza igual: os ricos máis ricos e os pobres máis pobres. O seu modelo xa non funciona todo o que quererían e vánse adicar a refundar o capitalismo. Quizais cunha revolución verde ou unha revolución laranxa pero o caso é que o engranaxe siga tirando para diante porque é de máxima necesidade. Se lle podería ir o chiringo abaixo…
Agora dínnos que aforremos, e mentras, cae o consumo, e aparentemente se rasgan as vestiduras. Millóns de excedentes unidos aos de sempre acumúlanse nos seus contedores mentras os países máis pobres téñense que apretar o cinturón cando o que queren é comelo xa que un cinturon de coiro ten moitas propiedades alimenticias.
Toda esta campaña orquestada dende o corazón da besta (os Estados Unidos) pretende pasar por algo espontáneo e impredecible. Ou sexa que os pillou en bragas totalmente. Pois eu reafírmome que isto se vía vir por calquera persoa da rúa, canto máis anos há polos bastardos capitalistas dos bancos e as multinacionais. Para un servidor todo está orquestrado dende as esferas e despois de todos os acontecementos de principio de século agora toca isto que marcará os designios da raza humana globalizada por decenas de anos.
Obama ese negriño tan liberal e cáseque comunista non é máis que o HOME que terá que campear cun mundo cambiante dende o modosismo para confraternizar con todos os conflitos do planeta. As campañas máis televisadas que nunca no estado español e supoño que no resto dos países europeos son unha chamada de atención a un cambio de mascariña que no fondo só se propón soster este monstro en declive dunha maneira máis lavada de cara para poder soportar as treboadas que se aveciñan con millóns de desempregados tanto na europa do benestar como nos estados unidos país das oportunidades e onde se reordenará traballo, producción e consumo para que o sistema capitalista siga o seu rumbo. Como pasa no estado español con Zapatero que vén ser unha cara de talante armado e exercita unha política modosa aparentemente e esquerdista aparentemente, o amo do mundo virá a ser un algo parecido ao que temos no noso puto país.
Resulta intolerable as inxeccións de cartos provintes da xente de a pé para con os bancos e empresas privadas que se están sucedendo en todo o mundo. Para despois acabar en paraísos fiscais… é o que se vén a chamar o socialismo dos ricos. Todos eles, os ricos blíndanse a costa do contribuínte e do diñeiro dos estados que sangran máis e máis aos cidadáns aos que tamén se lle dí que teñen que apretarse o cinturón. Aquí aínda non chegamos á desesperación doutros países e aínda rotos e gastados quedamos cos cinturóns soltos ou apretados. Estánnos pegando o pao e máis que o van facer. A xente hipotecada enganada, o desemprego… todos a velas vir e eles alá arriba facendo e desfacendo coas súas bolsas virtuais e coas baixadas e subidas de petróleo que comeza a escasear por moito que digan…
O dito vánse reunir e xa o tiñan programado dende hai moito para refundar esta escoria de sistema, e a oportunidade é poñer todo isto en evidencia e demostrar que non funciona, que é inxusto e mortal, que este mundo ten que mudar dunha fodida vez para que realmente a riqueza esté repartida e os monopolios sexan expropiados. Para en definitiva evidenciar que o capitalismo non só non é válido senón asasino de millóns de persoas neste planeta.

No hay comentarios: