Courel

Quería ir ao Courel a escribir unha novela polo tópico do aillamento e todas esas cousas. E non, a el non lle pasaría como na novela de Stephen King que por certo non a lera por outra banda. Esa que trata a tortura á que é sometido un escritor por parte dunha asídua fan. El vira o filme despois de ser mercado nun quiosco, nesas ofertas que saen ás veces co recén formato do DVD que seguramente nuns anos será remplazado por outro con máis ventaxas sobre todo comerciais.
Nunca fóra ao Courel (nin aos Ancares) e por esta teima, a da novela de marras, estaba teimudo no asunto. Onde se vira a un galego xoven coma él non ter visitado nin siquera pasado perto das montañas do leste.
Era un rapaz, quizais un rapazote moi inquedo e con gañas de facer cousas e aínda que non era un grande lector quería escribir narrativa xa que ata ese momento o que escribira fóra poesía e certas pseudoanálises políticas en medios “alternativos” e aínda que lle porfiara e porfiara á súa compañeira que nunca escribiría unha novela parece que claudicaría e poríase mans á obra.
De neno, na escola, léra as estupendas novelas de A Esmorga e Os Biosbardos e non estivera mal a experiencia coas lecturas. Tamén lle obrigaran ler algunha outra obra dun tal Xavier Alcalá da que nin sequera se lembraba o nome polo que non lle debeu gostar moito senón lembraría.
Anos máis tarde, no instituto, tamén foi obrigado a ler novelas mais do que nunca se deran de conta os profesores é que quizais lle pasou, pasa e pasará aos rapaces é que O Quixote é o principal culpable de que se afasten da lectura, xa que o principal protagonista de tan magna obra é o primeiro en poñerse tolo de tanto ler e xa se sabe que a loucura é o maior medo de todo ser humán despois do medo á morte.
Él no instituto non lera ningunha novela (obrigada) porque fora un rebelde e ademáis un pésimo estudante que a poucas aulas asistira. Tripitidor por vocación non chegou á universidade onde dín se forxan os millores talentos para as máis altas instancias.
Interesáranlle outras lecturas coma os comics (ou banda deseñada) e outras de tipo máis político porque moi prematuramente sentíuse atraído por ideas políticas contrarias ao sistema. Tiña un amigo dentro da banda ao que sempre lle preguntaba, en misa, sobre cuestións desta índole coma Bakunin, o comunismo, a independencia e toda unha mistura que non acababa de asimilar moi ben o rapazote, e que curiosamente no rito sacro de reparto de ostias iluminábaselle a experiencia de cuestionarse todas estas elucubracións filo-políticas ou poli-sofías.
Agora en pleno século XXI e cuns aniños de máis seguía sen ter moi claro todo isto mais aparentaba saber moito máis, por iso, asistía a manifestacións, puña a voz cantante en asambleas de todo tipo e ata divagaba e teorizaba e fanzines e revistas incluso electrónicas sobre utopías e distopías varias. Tamén gostaba de escribir poesía e de léla algo. Mais o tema da narrativa cruzábaselle un pouco. Primeiramente porque, que non foran grandes novelas ambientadas en marcos de conflitos políticos reais ou esas que tanto lle marcaran na súa adolescencia de tipo ficción mais de mundos lonxanos (que el consideraba que xa estaban aquí) onde a vixiancia e o autoritarismo e demáis barbaries para con as persoas chegaban a límites dun mundo fatal e extremo pois o noso amigo non quería saber de moito máis. Non gostaba da ficción “a secas” e os “intringulis”. Para iso xa están os filmes. Porque o noso amigo gostaba do cine. O que pasa é que o que non lle ían eran os filmes de tipo hollywoodiense (ou como se diga)… non lle gostaba a acción, prefería filmes independentes con problemas íntimos e filosóficos ou aceptaba comedias mais de xénero independente e como moito gostaba da ficción do tipo de seu gosto, novelas distópicas. E precisamente diso quería tratar a súa novela que a quería entitular 4891 en claro guiño a máis preferida das novelas de ficción distópicas que tiña o noso amigo. E por iso quería ir ao Courel a escribir nun paraxe sen igual, cunha natureza incomesurable sen o máis mínimo asomo de cables, antenas, vídeocamaras, internete ou televisión para lograr unha concentración sobre o mundo de 4891 que está claro que sería todo o contrario á serra luguesa. Unha paradoxa, vamos!
El escribira de todo o contrario que Novoneyra, incluso faría ao contrario de Novoneyra. Xa que este, en lugar de irse á metrópole, fóise aos eidos para falar dos eidos.
En troques o noso amigo iría de Ourense ao Courel… ben, xa sei que Ourense non é a metrópole de Fritz Lang mais o noso amigo saberá.

O outro día chamóume por teléfono, meu amigo, e díxome que ao final “pasa” de escribir a novela porque a casa onde a ía escribir chimpárona co resto dun monte para facer unha canteira. Díxome que estas eran moito máis rendibles que as novelas, sobre todo se están escritas en galego.

Alfonso Rodríguez.

No hay comentarios: