Nestes días caóticos de existencia
Da miña, da túa… do mundo
Quero erixir unha oración encontrada
Nestes días caóticos de desencontros
Quero erguerme e entonar un cántico
Querería escribir unha grande proposta
Mais nestes caóticos días só sae de min caos
Non ceos e non infernos non universos
Non liberdade non comprensión non
Sáenme esgarros enfermizos do máis fondo peito
Provocado por estes caóticos días de xenreira
De ver civilizacións enfermas matándose as arrastras
De ver ogros e demos deuses e pitufos
Inxectando veleno substraéndo enerxía
Das nosas faces que tornaron pálidas
Vexo dinosaurios que se negan a extinguir
Novas xeracións con grandes cairos afiados
E zombis estranos ultraxados polas sombras
Vexo desolación e destrucción a raudais
E vexo que nos enteramos de todo
E non nos enteramos de nada
Vexo ese gran-irmán certo, verdadeiro
Vexo desemprego e vexo o emprego das guerras
De barbaries que nos parecen alleas
Vexo xente tirándose polas fiestras
Por non aturar as vidas deste cemento
Cemiterio pagán do diñeiro e o luxo
Vexo ofensas colocadas nos valados na estrada
Vexo estragos nos terrapléns e na montaña
Vexo nenos morrendo de fame e de risa
Mália todo porque non se lle torceron os beizos
Como a todos nós.
Vexo e non son vidente
Nin visionario nin visor nin vouyeaur
Senón observo o ridículo reino de sandiós
Vexo as hipocresías nas pantallas
E como nos nosos reductos emulamos
Ás mulas que nos arrastran
Cuspíndonos entre veciños
Vexo un caos predecible, audible, mastigable
Por parte das xerarquías do armaguedón
Vexo esquecemento todos os días
E fíxome que o de hoxe non se lembrará
E vexo a velocidade e a treboada
A seca e a sede
o noxo asimilado con papel de celofán
vexo que o sabemos
e dános igual
vexo que as trompetas soan
e non gostan de escoitalas
cambiamos de canal
nestes días caóticos de existencia
da miña, da túa… do mundo
a de todos que non somos quen
de morder polo empacho
que nos tapona os oídos
que nos fai durmir
con ou sen conciencia
ata o día seguinte
dos novos desastres.
Quero erguerme entonar un cántico
Mais coma ti teño unhas pesadas cadeas nos pés…


Mark Trumbo

No hay comentarios: