O pao

Fíxense nos dín ao facer o novo contrato da tarifa agora non vai existir a nocturna. Que senón lle damos o pao! Fíxense advírtennos dende a televisión. Agora vánnos colocar estufiñas como as de toda a vida só que con temporizador, valerán cada unha douscentos euros e se non se fixan o contrato un 50% máis por tontos. Fíxense nos prezos que suben e suben e nolo restregan e voltan a restregalo como os peixes no río…
Seguir leyendo...

Fíxense en timofónica oigan! E no polo que vale un 16% máis, pero claro, se suben os pensos e sube o petróleo, como non vai subir é que cae de caixón. Fíxense ben como sube o seu paro, o noso xa o sabíamos pero é que agora sube o seu moito…
Fíxense nunha economía que estaba baseada no ladrillo como se derrumba, fíxense oigan! Non vaia ser que non nos demos conta. Fíxense nos beneficios netos brutos e malvados dos bancos e demáis familia, fíxense que nolo restregan e voltan a restregalo como os peixes no río. E eu que podo facer pois me río por non chorar como os peixes no río que lles cae a merda enteira de meiramas e das pontes. Ah! Non agora van facer un superlago nestas carboneiras un superlago que te chupis!!
Fíxense no IPC, ou o mellor dito, o prezo de todo e miren os salarios que xa chegamos aos seiscentos de mínimo interprofesional. Buaaaa neno que te cagas!
Fíxense neste nadal tan sombrío e con tantas luces. A quen lle gusta xa celebrar esta cousa? E seguimos facéndoo cando á maioría lles trae sen coidado a noitevella, os pastorciños, a sogra e os putos reis!! E non hai máis que gastos e malos rollos e seguimos ata a barbarie final…
Cámbiense á dixital terrestre que lle poderemos estafar millor. Merque un homecinema. Non! merque unha pantalla de cine igual de grande que nos cines que pechan por aí! Fala con todo o mundo para non falar con ninguén. Consolas ou non consolas…
Que nos están pegando o pao e non paran de rir nos anuncios…

Augafestas de xaneiro

1 comentario:

La conjura contra el necio dijo...

Es una lástima que el ejemplo de las protestas de la ciudadanía en Salamanca no cunda a nivel nacional. Muchas cosas cambiarían. pero parece ser que somos pocos los que no llegamos a fin de mes.

salud