Simboloxía da memoria

O asasinato brutal ocorrido o domingo 11 de novembro por parte dun descerebrado sen nome, sobre o rapaz de dezaseis anos que ía mostrarse na rúa ante a inxustiza de que unha serie de xente irracional que non aprendeu, nin gañas que tén, do pasado se manifestase contra a inmigración nun barrio que nin tan siquera é o seu, pón dende o meu ponto de vista as miras da miña indignación sobre a clase política deste puto país.
Seguir leyendo...


Unha clase política que leva case trinta e tres anos de retraso no que se refire a memoria histórica ou millor dito a xustiza histórica da que era indispensable aprender, rememorar, sanar feridas que non están sanas senón putrefactas de tanto agardar polo feito lóxico que tería que ter acontecido xa hai, repito, trinta e tres anos.

Aquí non houbo transición de nada e o máis sangrante é que nola teñen vendido e nola venden dunha maneira vergoñenta e noxenta. Aquí non houbo reparación ningunha, despois de corenta anos de amargor e desgraza. Aquí o único que houbo foi tapar e retapar merda e máis merda dentro de armarios, mesas, mesillas, alfombras e demáis menaxe e moblería das repúblicas independentes das casas de moita xente que podreceu de veleno e infección. Aquí o que houbo foi manter os privilexios dunha morea de familias e xentuza que non só estivo implicada na morte, destrucción e guerra incivil e ditadura posterior senón que se riron ata morrer na nosa sacro-santa democracia. Aquí moitas desas familias campan aínda ao seu ar inculcando e dando herdanza aquela toda infamia que se reproduce agora en cabezas rapadas de retrasados e anormais, bestas e demáis familia ben que teñen o morro de decir que lles van quitar o posto de traballo os inmigrantes. Esa lacra que se non fora por ela, non estaría ergueito todo o parque inmobiliario destos ultimos anos neste, repito, puto país. Non habería quen coidara dos poucos nenos que nacen neste, repito, puto país. Non habería quen satisfacera sexualmente a todos os puteros, deste, repito, puto país. Non sería posible a economía nin a seguridade social deste, repito, puto país. Etcétera, etcétera.
Como se atreven os señores políticos a divagar e facer campañas políticas coa memoria de millóns de persoas, como se atreven a manter vergoñas como o val dos caídos por dios y por la patria deste puto país, para que vaian nostálxicos, e fillos de nostálxicos e netos de nostálxicos deste puto país?. Como se atreven a non facer, despois de trinta e tres anos un recoñecemento público, unha grande catarse que semente tempestades para limpar un pouco a dignidade de moita xente emponzoñada (a que vive) que tivo e ten que soportar barro e fariña. Como se atreven outros a decir que as cousas mellor deixalas, que non convén abrir vellas feridas. QUE FERIDAS?? AS DE MOITA XENTE CONTINÚAN ABERTAS HAI MOITOS ANOS. E o que conviría sería pechalas dunha vez. Mais non, houbo que agardar trinta e tres anos para uns xestos ambígüos, recelosos, patrañentos dos que, como digo, aínda se queixan os nostálxicos da nosa democracia demócrata. Houbo que agardar e ademáis resoplar e erguer bandeiras e sementar tempestades que agoara se manifestan en miles e miles de descerebrados que andan por aí acoitelando á xente en nome da patria, en nome do, repito, puto país. Curiosamente, algúns, como noutrora, pertencentes ao noso glorioso exército do noso, repito, puto país. E despois de trinta e tres anos que pasen cousas similares, considero que xa comeza a atufar demasiado, xa é algo que demostra, efectivamenete que a transición cacareada e cacareante non debeu ser tan boa nin exemplo de nada.
E cando a moita xente se lle pregunta agora sobre a retirada deses símbolos franquistas e fascistas e dín que forman parte da historia e que non ocorre nada con eles que pensen que moitos rapaces que naceron na nosa sacrosanta democracia xa lle volven dar uso e volven facer historia apaleando e asasinando. Xa os poden retirar das rúas, agora volven estar en camisolas e camisas novas. Cara ao sol ata quedarse cegos…

Grande simboloxía un coitelo espetado no corazón dun neno de dezaseis anos…

)A(

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cada uno ve lo que quiere ver. Esto lo deja claro este texto.

Que la muerte de este joven es un hecho lamentable no lo discuto. Es increible que las ideas políticas prevalezcan sobre la vida, pero decir que ese chico iba a protestar contra una injusticia es dar una visión muy sesgada de los hechos, pues lo que intentaban ese grupo de jóvenes era boicotear una manifestación autorizada por a delegación del gobierno, e incluso alguno de ellos se dedicaba a ir a la "caza" de fascistas.

Y que puedo decir sobre la ley de memoria histórica del gobierno, pues que está sacando a la luz episodios que habría que mantener como están por que si buscamos los tres pies al gato, podía exigir la comunidad inmigrante latinoamericana que se borre cualquier recuerdo de los reyes católicos, o de Carlos V, o de Felipe II (por que no derribar el escorial, a la par que el valle de los caídos)

Anónimo dijo...

vaia por deus. Un que confunde allos con patacas.