AUTODESTRUCIÓN

Estaba apoiado sobre a parede de pedra mareado e canso. Percorrera xa todas
as rúas e todos os bares e sempre chegaba ao mesmo punto, non sabía se de
partida ou de chegada ou outra palabra que quizais aínda non estaba
inventada.
Seguir leyendo...

Dáballe voltas todo mais non tiña gañas de trousar. Había anos que non
trousaba, había anos que non bebía. Se bebera e trousara pode que non
estivera así (pensaba) se trousara e botara todo por fóra ata os fígados e
non se quedara coa alma abrochada segundo a segundo semana a semana lustro a
lustro sentiríase, moi posiblemente, baleiro, oco, livián e podería seguir
indagando no labirinto ata dar con ese lugar. E se non fora así pois polo
menos non estaría apoiado nunha parede de pedra quente cun cheirume a lixo
insoportable, non estaría mareado e cheo de labirintos.
Se bebera, moi posiblemente, disiparíanse as nubes e elevacións que o tiñan
subido a unha lúa chea constante, permanente e agobiante e se non fora así
pois polo menos en troques de estar derrotado e cos ósos apoiados nunha
superficie tan rugosa podería ser que estaría dando tumbos de parede en
parede esquecido de sobriedades e quizais se lle debuxaría un sorriso ou
aínda que fora un medio sorriso. Non como agora que o unico debuxo que
existía no seu rostro era o dun estrabismo adquirido de tantas raíces e de
tantas antenas.
Quixo deixarse caer co seu propio peso pesado mais viu como estaba a cidade
no verán infernal. Viu que estaba tan chea de lixo como a súa cabeza e para
non mancharse máis seguiu camiñando cunha dificultade cada vez maior na
busca da súa cidade invisible, da súa utopía: unha papela de cabalo. Xa que
se non daba chegado ao lugar andando deberíao facer cabalgando.

No hay comentarios: