O señor ansar




O señor ansar (Aznar) dixo o outro día unha serie de cousas que tiñan á súa lóxica e incluso algo de razón. Falou da capacidade do goberno de sistemizar aos “antisistema” para excluir ao PP da “vida democrática”

Recoñezo que eu tamén vexo ás veces o programa ese de polas noites nunha coñecida cadea privada moi progre ela (pecado mortal) e aí foi onde vín nunha conferencia ao hippie con mostacho e pulseriña de coiro que lé a Benedetti.
Pero é que o tipo tiña razón, agora todo é guai e chachi piruli, agora fúmanse porros na televisión pública (ou se emula) non hai máis que programas culturais rememorando á movida (auténtica memoria histórica do pasotismo) fálase de ONGs, de loitas anti-globalizadoras, do malo que é o urbanismo desproporcionado e o feísmo. Ata os cantantes de moda levan rastas e se instalan nos concellos e deputacións softwares livres e demáis. É UNHA VERGOÑA.
Seguir leyendo...


Zapatero xa dixo unha vez que el era socialista libertario e Muchavilla que en toda Europa non había goberno tan extremista e radical como o de España. Con independentistas, comunistas, nacionalistas e sabe dios que máis istas.
Os medios de comnicación están comandados por xente de moi mal talante aínda que digan o contrario: Gabilondo, Polanco, Superpiñeiro e Xurxo Souto.
Os okupas agora teñen o carné do psoe e as nenas xa non queren ser princesas queren montar grupos indielectrónicos.
Realmente o señor maría A, ten toda a razón. Resulta noxento ver os anuncios de aforro de auga, ou saber que nos van subir unha barbaridade a todos os recibos porque é guai, mentras que as grandes industrias como Meirama ou As Pontes ensuxan dekalitros e dekalitros delas. Como pode ser que se constrúan parques temáticos e campos de golfos onde se botan a perder augas e terras?. Ten toda a razón Aznar. Resulta patético ver como se homenaxea ás víctimas da guerra civil e se volve a ese pasado abrindo vellas feridas en lugar de pechalas dunha vez. Por exemplo anulando todas as sentencias ilegais durante eses corenta anos tan anti-democráticos.
Todo este progresismo de escaparate é anti-ético e estou con don jose mari. Ten todas as da lei. Ten os xuizes ao seu favor tan imparciais e doctos e sabios e implacables e aquí non se torturaba ata que chegaron de novo eses sociatas de mierda.
Ademáis ansar sabe recoñecer os erros e sen poñer acento country recoñeceu que non había armas de destrucción + I.V.A.
Iso si que é un super-expresidente que quere denunciar que toda a esquerda e a ultra-esquerda están creando unha máquina estatal para convertir ao pp en segunda rexional.
Pero entón que fará o pp aplaudirá os atentados a sedes nacionalistas en Valencia? Aplaudirá episodios como o de Alcorcón? Nesa conferencia que daba víanse caras moi feas destas tipo Ynestrillas. Acaso acabará pactando o pp con os grupos democráticos europeos como os de Le Pen (drive)
Faran que os seus fillos e familiares se rapen o pelo e se sumen a peóns negros, igrexa, AVT…
Volveremos ao 36 e españa roja y rota y mis cojones también y los jimenezes de los santos todos??
E os estatutos, e os matrimonios homosexuais, e esas propostas de canon de vivendas, e a autonomia nafarroa-euskaleherria, e as barbas de Rajoy y la ugt y el psv eindoven???
Ein? Que pasará con todo iso e istos malditos progres??
(Que dende logo don jose mari a min tamén me repatean igual que o seu mostacho)


No hay comentarios: