Conforme

Un home moi ledo e optimista tiña na súa terriña (coa que moito se conformaba) tres pereiras cheíñas de peras saborosas e arredondadas. Sentíase feliz e conforme coas peras das súas pereiras.

Un día unha das pereiras enfermou e murcharon as froitas, mais como o noso home era moi optimista e conforme non desilusionou e pensou para si: que sorte teño coas miñas dúas pereiras con saborosas peras. Non preciso máis.
Seguir leyendo...


E así espertaba todos os días coa felicidade de coidar as súas pereiras.
Pasou o tempo e tamén enfermou outra das pereiras, mais o optimista do noso amigo dixo: que máis ten? Teño unha pereira no meu eido con xugosas e ricas froitas e son moi afortunado. Seguíu comendo das peras que lle quedaban ata que un día o “señor” do lugar impúxolle a metade das peras como prebenda, xa que o seu eido estaba nas terras del e o noso home non se aflixiu e pensou: media pereira é case toda e que ben saben as peras.

Mais outro día véulle unha notificación dun mensaxeiro do “señor” que dicía que a partires dese mesmo intre tiña que traballar para el se quixer conservar a súa media pereira. El agradeceu o traballo que de por si é sagrado e así podería conservar a súa media pereira de xugosas e saborosas peras.
Pasaron días e meses e de tanto traballar o home caeu moi enfermo e díxose para si: por outra banda mira que ben, xa nin sequera me farán falla as peras da miña media pereira. E dito isto morreu.

No hay comentarios: